A partir de hoxe, pódese facela inscripción no LUMIEIRA CUP'10
PARA NEN@S DE 6 a 12 ANOS
A A.D.C. LUMIEIRA LUGO organiza na súa 2ª edición este Campamento Urbano Polideportivo ofertando unhas actividades deportivas variadas e divertidas, dando a coñecer a diversidade de actividades deportivas e lúdicas que se poden practicar no noso entorno, nunhas datas para desfrutar do tempo libre. No mesmo corazón da cidade, na Escola Universitaria de Maxisterio da USC, nesta novedosa e única experiencia, cada día desfrutaremos de dúas ou máis modalidades deportivas, nun ámbiente lúdico e distendido, facendo novas amistades, e coa tranquilidade do 100% de monitores profesionais titulados e con recoñecida experiencia no ámbito educativo, deportivo e no tempo libre. A OFERTA contempla: a Opción de Comedor e Servicio de Autobuses, Excursións, Noites Divertidas, Bebida, Camisetas, Gorra, Agasallos, Seguro de Responsabilidade Civil, colaboración de xogadores profesionais e...moitas máis sorpresas!! Agardemos que vos guste a idea e... ...a desfrutar!!! AQUÍ PODEDES VER O CADRO DE ACTIVIDADES (Click enriba para velos máis grandes)
2ª QUINCENA











1ªQUINCENA











Para ver toda a información (prezos, datas, opcións, descontos, etc...) soamente tedes que facer click en TRÍPTICO e INSCRIPCIÓN ,descargalo, imprimilo e seguir as instruccións para poder facer a INSCRIPCIÓN.
--------TRÍPTICO e INSCRIPCIÓN --------
Ante calqueira aclaración ou dúbida:
tfno: 650198987